
Fago pública esta denuncia posta no foro do festival.
Onte un cibernauta denunciou a práctica de irregularidades en canto a votación electrónica desenvolvida para a selección dos grupos finalistas do Proxecto Runas, actividade desenvolvida dentro do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
Ver denuncia AQUÍ
Este método de votación non semella ser o máis xusto e amósase moi vulnerable fronte a usuarios que posúan certos coñecementos de informática.
Os usuarios que xa votamos no Runas poidemos decatarnos que tan só tivemos a oportunidade de votar unha vez desde a nosa computadora persoal.
O fraude aparece cando un usuario é capaz de suplantar a IP (O número de identificación de cada computadora) por outras.
Lamentablemente esta información pódese conseguir fácilmente na rede.
Incluso un usuario do foro ofreceuse a amosar un pequeno tutorial de como votar fraudulentamente en Ortigueira.
Ver mensaxe AQUÍ
Ó certo é que a diferencia de votos entre os grupos de cabeza e o resto era totalmente indignante.
A votación remataba ás 12:00 do día de hoxe.
Os participantes esperan que a organización tome as medidas oportunas para resolver esta situación e que non se dañe a imaxe do festival mais importante que temos en Galicia.
Fácil votar varias veces desde IP dinámica... con reiniciar el router ya te asigna una ip diferente así que el panorama pinta así de bonito.
ResponderEliminar