Toda a información está extraída de:
Actas do II Congreso de ensinantes, "Un estudo organolóxico sobre a Requinta da Ulla" - Pablo Carpintero
Murguía, Revista Galega de Historia, nº4, 2004. A frauta na Galiza. Referencias literarias e xornalísticas no século XIX. O seu emprego en manifestacións musicáis de carácter social: fiadeiros, ruadas, festas de canto e pandeireta... - Castor Castro
http://www.oldflutes.com/
A frauta é un instrumento que pertence á familia dos aerófonos. O seu son é producido pola vibración do aire e é empregada por músicos de todo o mundo adoptando diferentes formas: Frautas globulares (ocarinas, caramelas) frautas de pico, frautas sopradas polo extremo como as kenas sudamericanas ou os nais de oriente, así como frautas traveseiras como a bansuri da India ou o di-zi de China.
Diferentes tratados fan a seguinte clasificación:
• PRIMITIVA (da idade media)
• RENACENTISTA
• BARROCA
• CLÁSICA
• A FLAUTA DE BOEHM
• SIGLO XX
• A ACEPTACION DA FLAUTA DE BOEHM
Nos falaremos ata a chegada do sistema Boehm ó conservatorio de París.
Achados paleolíticos, neolíticos, da Idade de Bronce e da idade do Ferro en España, Francia e Inglaterra indican que os seus poboadores primitivos fabricaban aerófonos de varios tipos empregando osos, sen embargo ata a data ningún descubrimento arqueolóxico pudo demostrar que a orixe da frauta traveseira se atope na prehistoria.
É o caso do achádego descuberto polo Dr. Ivan Turk da academia das ciencias de Eslovenia.
A pesar de que hai quen defende de que as frautas foron empregadas polos romanos, etruscos e non polos gregos e que logo desaparecería ca caída do Imperio Romano para reaparecer nos s.X e XI en Alemaña é común entre os autores modernos situar a orixe da moderna frauta traveseira cara ó 1700, as primeiras representacións iconográficas claras de este instrumento datan do século XII, a pesar de que todo o que coñecemos da frauta medieval son unhas poucas imaxes e uns poucos fragmentos literarios.
Parece que os principáis instrumentos para facer música durante a idade media foros os instrumentos de corda: harpas, salterios, rabeis, etc...
As frautas traveseiras aparecen tan só ocasionalmente entre outros instrumentos como órganos, zanfonas, e non será ata os séculos XIII e XIV, nos que comenza a aparecer con certa frecuencia en Francia e España.
Ningunha das representacións de frautistas anteriores ó século XIII conteñen información sobre a música que se interpretaba con elas, únicamente unha represetación de frautistas que aparece nas iluminacións das Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio (1221-1284), relacionan este instrumento cun repertorio vocal trovadoresco.
As frautas representadas nesta iluminación parecen amosar instrumentos fabricados en dúas seccións, malia que nada podemos coñecer da súa estructura interna pois ningún instrumento medieval ten chegado ata nós.
Varias representacións e escritos indican que no século XIV existía xa unha forma militar en Francia e Alemaña.
Eustache Deschamps en 1377 fai unha lista de instrumentos musicais entre os que atopamos “flautes e traversaines”, mentres que por outra banda, onde enumera os instrumentos que caeron en desuso mentres a trompeta florecía, aparece a “vielle fleuthe travesaine” agrupada xunto os instrumentos de son suave como o rabel, a harpa ou o salterio.
Quince anos despois, Deschamps clasifica xa as frautas cos instrumentos de son forte, así que semella claro que na parte final do século XIV en Francia coñecíase a frauta traveseira como instrumento militar e como instrumento para tocar de portas adentro, cun carácter máis tranquilo.
No seu tratado sobre instrumento musicáis, Música getutscht, Sebastian Virdung (1465-1511), refírese co termo Flöten ás frautas de pico reservando a palabra Zwerchpfeiff para a frauta militar, non facendo ningunha mención específica da participación da frauta nos consortes nin noutro uso non militar.
Amosa unha frauta traveseira sinxela, agrupada con outros aerófonos como dulzainas, frautas de tambor e frautas de pico.
En outro tratado realizado por Martin Agricola (1486-1556) o autor refírese as Schweitperfeiffen (frautas suízas) así como as Querfeiffen ou Querpfeiffen (frautas traveseiras) non describindo instrumentos militares senón para tocar en consortes de catro partes, amosando un conxunto de catro frautas traveseiras de diferentes lonxitudes.
En canto ó xeito de tocar Agricola refírese ó xeito suízo sen aportar máis explicacións.
Nancy Hadden, referíndose a outras testemuñas coetáneas indica que o vibrato realizado ca respiración e cos dedos, foi considerado na época, e non só por frautistas senón tamén por outros instrumentistas, como elemento fundamental do son e da expresión.
Agricola fai interesantes apuntes sobre o xeito de realizar picados na frauta e a forma de dixitar as notas.
A mediados do século XVI, Jambe de Fer, fai apuntes semellantes e como Agricola insta a articular as notas ca lingua.
Do século XVI ou principios do XVII son as primeiras frautas traveseiras que se conservan. Un total de vinte exemplares.
As características máis salientables na contrucción destes instrumentos é que están feitos dunha soa peza de madeira e o seu furado interior é casi cilíndrico, características que se poden apreciar con facilidade en multitude de representacións iconográficas da época.
Michael Praetorius (1571-1621) na súa enciclopedia musical “Sintagma Musicum” amosa tanto frautas traveseiras dunha soa peza e aspecto exterior cilíndrico como frautas construídas en dúas pezas, unha contendo a embocadura e a outra contendo os furados tonais.
Praetorius diferencia entre as frautas de consorte e as frautas militares, aportando información sobre un terceiro tipo de frauta traveseira, a Doltzflöt, relaciona cas frautas de pico.
No tratado de Marin Mersenne, Harmonie Universelle, aparece unha táboa de dixitación para unha frauta traveseira en Sol, denominada frauta alemá.
Os exemplares máis antigos que se conservan con furados interiores
Cónicos son unha frauta anónima en Re (La=395) e unha en Do(La=360) construída por Richard Haka (Amsterdam 1646-1705). Estes dous instrumentos de furado interior cónico, construídos en tres seccións e cunha chave para a emisión do Re# / Mib, amosan obvias diferencias respecto ós modelos renacentistas e adiantan xa troncos substanciais que conducirán xa á frauta barroca.
O cono interno da frauta de Haka, expresado como a porcentaxe do máximo diámetro interior que representa a diferencia entre o diámetro máis estreito e o máis amplo, é algo menos do 10 %, mentres que na frauta anónima achégase ó 18 %. Sen embargo estes furados interiores son significativamente menos cónicos que aqueles que as tres frautas que Ardan Powel considera primeiros exemplos das frautas barrocas:
As fabricadas por Bressan, cunha conicidade do 21% , Hotteterre 26%, Naust 29%, polo que as frautas anteriormente citadas comprenderían un estado intermedio entre o paso da frauta renacentista á barroca.
Cando comparamos as frautas construídas cara o 1600 con outras fabricadas cen anos despois, tódolos mecanismos empregados na producción do son teñen trocado.
-Frauta dunha soa chave e con furado interior cónico, posterior a Hoteterre (1670) Moi populares en Francia.
-Frauta de catro seccións e dunha soa chave, (1720), construída por LOTZ. J.S.Bach compuxo para este tipo de frautas.
O furado interior cilíndrico vólvese cónico, o instrumento constrúese en varias seccións en lugar de unha soa peza, a súa embocadura e furados tonais ven alteradas as súas formas e tamaños e son fabricados en tubos de parede cada vez mais grosa. As novas frautas, posúen ademáis, unha nova chave para o dedo mainiño da man dereita do tocador que controla un séptimo furado tonal que se engade ós seis das frautas renacentistas.
Todas estas alteracións no deseño responden a un novo concepto na música, se no renacemento a frauta estaba pensada para formar parte dun conxunto de iguais, no barroco fabricarase para tocar unha música máis individualista.
Será no barroco o periódo no cal a frauta adquirirá o estatus de instrumento melódico favorito acadando un desenvolvemento e sona descoñecidos ata a data.
Nas derradeiras décadas do século XVII a frauta non é un instrumento común en Francia, a frauta barroca desenvolveuse neste país a través de varias escolas de famosos constructores. Un directorio de París para o ano 1692 aporta datos sobre unha lista de algúns os mestres na fabricación e execución de instrumentos de vento, frautas, flageolets, baixóns, oboes, musettes, etc..: Colin Hotteterre, Jean Hotteterre, Fillebert DesCosteaux, Fillidor, Du Mont, Rousselet, Dupuis, le Breton et Froment, Heron, Du Buc e Roset.
Varios constructores parecen os responsables dos desenvolvementos iniciais que conduciron á aparición da frauta barroca: Pierre Jaillard
Bressan, (1663-1731) orixinario de Lyon, oboísta e fabricante de frautas que traballou en Inglaterra desde 1688, Pierre Naust (1660-1709) que xunto a Jean Hotteterre “o xoven” eran nomeados en 1701 os mellores constructores de frautas de París.
A familia Hotteterre tivo unha longa tradición e influencia na construcción das frautas barrocas, e as construídas por Martin Hotteterre (pai ou fillo) son consideradas o modelo clásico de frauta francesa barroca temperada cunha conicidade media do 26% situadas entre as frautas de Haka e as máis cónicas típicas do século seguinte.
Numerosos membros da familia Hotteterre traballaron como músicos da corte francesa durante varias xeracións, rexentando simultáneamente negocios de construcción de frautas en París.
Martin Hotteterre (1678-1712) herdou a posición do seu pai Jean na corte e traballou con él e co seu irmán Jean “fils aine” na construcción de frautas.
Parece ser que Martin estivo especializado na construcción dun determinado tipo de frautas coñecidas como “Frautas de Hotteterre”
Continuará...
No hay comentarios:
Publicar un comentario