miércoles, 9 de junio de 2010
Deixádeos medrar.
Na música está todo inventado.
Podemos agregar matices a esta reflexión, aínda que se variamos o contexto, as circunstancias nas que se producen certos cambios; novas ideas, novas propostas... poderíamos outorgar outros significados a esta expresión.
Os nosos pais foros testemuña da evolución da canción galega, do rexurdimento da nosa música tradicional, nós vivimos o boom mediático da "Música Celta" e ó seu carón a difusión internacional dalgúns dos nosos intérpretes. Observamos como medraba o interés das novas xeracións polo baile tradicional, a creación de escolas, cursos e seminarios, etc.
¿Qué queda por facer?
Esta pregunta é a que suxire medo ó descoñecido, a incertidume de moitos.
Os horizontes son moi amplos para todalas actividades relacionadas ca nosa cultura.
Precisamente esta reflexión trasládase á música para gaita.
Fai anos debatíamos nunha conversa entre amigos, algúns deles estudantes de psicoloxía e filosofía, que tódalas persoas, dunha forma ou doutra, están influenciadas, ben sexa no seu carácter, no seu aprendizaxe, nas formas de expresarse, no xeito de relacionarse...
Para aprender, nalgun momento da nosa vida nos vemos obrigados a imitar.
Eso mesmo ocurre nas artes. Eso mesmo ocurre na música galega.
A nosa música, como outras, foi susceptible ás modas, a intérpretes, a circunstancias determinadas.
As veces estas modas se orixinan por cambios minúsculos.
Por exemplo: imaxinade que na gaita descubrimos como producir un novo son, unha nova nota, un tono máis...
Este pequeno feito cambia moitas cousas, para comezar xa significa un novo concepto de expresión...
A ensinanza da gaita nos conservatorios está propiciando estas cousas.
A meirande parte dos alumnos destes centros proceden de grupos de música tradicional, asociacións culturais e grupos de baile.
Exercen paralelamente dúas actividades; a producción de música tradicional e a interpretación doutros xéneros musicais fundamentalmente compostos por eles mesmos ou polos propios compañeiros.
Os alumnos reciben unha cantidade inxente de información que lles axuda a enfocar novas perspectivas, buscar novos vieiros, desenvolver novos coñecementos, deben tocar con outros instrumentos ¿alleos ás nosas tradicións ou que proceden dun ámbito clásico? -dacordo, tamén gracias a isto se ven na obriga de aplicar estas dotes ó seu instrumento, acadar maior rigurosidade e loitar por mellorala súa interpretación.
De forma indirecta, tamén proxectan este novo facer, esta moda, a outros gaiteiros que non reciben unha ensinanza regulamentada.
Fai trinta anos poderíamos asegurar que os gaiteiros que sabían solfexo podíanse contar cos dedos dunha man. Se este dato non é literal pouco lle falta.
Hoxe en día son moitos os gaiteiros que posúen coñecementos musicáis. Podemos contrastar esta afirmación observando o aumento na producción de tutoriais, compilación de partituras, creación de obras...
As inquietudes van mudando co tempo, igual moitos xa non consideran que facer un picado máis co veciño signifique "innovar", de feito outros solicitan melloras no instrumento, a música interpretada na gaita amplia a súa tesitura e para iso precisan que o instrumento se adapte a eles e que non suceda o caso contrario, búscase mellorar a execución, a dinámica, o fraseo...
Todas estas novas propostas xa se ven reflectidas nas partituras, neses anacos de papel nos que se plasman as ideas.
Persoalmente me sinto orgulloso por participar como observador destes acontecementos.
Para rematar, outra pregunta:
¿Quén se fai responsable de frealos?
Deixádeos medrar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario