jueves, 29 de diciembre de 2011

Medidas antropométricas na antigüedade



Históricamente e desde a máis antiga civilización coñecida, sempre se empregaron certas partes do corpo humano como medida patrón dimensional, medidas antropométricas e para o caso que nos ocupa, medidas de lonxitude, sendo o pé unha delas cos seus correspondentes múltiplos; codo, grado, Vara, paso, etc. e submúltiplos como; palma, dedo, pulgada, grano de cebada etc.
Dos múltiples sistemas dimensionais, seleccionaremos o e a pulgada ca súa relación entre elas.

En Galicia, e "tirando un pouco de ironía", é moi frecuente atoparnos con certas situacións nas que os artesáns e constructores de instrumentos empregan estas medidas.
En Galicia somos inventores de dúas: O "chisquiño" e o "pelímetro" (pelín)

Estracto dun estudio pertencente ós autores  D.Ramón Francisco Veira e D. Francisco Manzano Agugliaro, Universidade de Almería, Departamento de Enxeñería Rural.


Un pé se subdivide en catro palmas.
Unha palma se subdivide en catro dedos.
Unha pulgada se corresponde con catro tercios do dedo.
Un dedo se subdivide en catro grans de cebada ladilla.


Unidades mesopotámicas Sumerio-Babilónico.

Pé sumerio 335 m/m; Pé asirio 329 m/m; Pé babilónico 330 m/m

Unidades exipcias

Pé antiguo 300 m/m; Pé fileteras 360 m/m; Pé alejandrinas 308 m/m

Unidades fenicias

Pé fenicio 313 m/m

Unidades gregas

Pé olímpico 308 m/m; Sistema exinético: pé de phidon 330 m/m; Sistema euboico 297 m/m; Pé de Delos 327 m/m; Pé de Corinto 297 m/m; Pé ático 368 m/m; Pé Xónico 277 m/m; Pé olímpico 308 m/m.

Unidades cartaxinesas

Pé olímpico 368 m/m

Unidades Greco-Romanas

Pé 296 m/m; Pé romano 295mm; Pé osco 275 mm.

Unidades Castellanas de Felipe II

Pé de Burgos 278,6 m/m; Dedo castelán 17,4 mm; Pulgada castelá 23,2 mm

Sistema imperial británico

Pé 304 m/m; Pulgada 25,4 m/m


Sistema medieval de Aragón

Pé 256 m/m; Pulgada 21.4 m/m

Contan as crónicas da época, que a homologación de volumen de un Galón inglés correspondía ó volumen do orinal do Rey Jorge III e que o galón para as colonias tiña a equivalencia ó volumen do orinal da raíña. (Este rey abdicou por tolemia)

No hay comentarios: