(Fai clik na imaxe para ampliar)
O grupo costarricense Peregrino Gris, comezará a sua xira de concertos promocionais na parroquia ourensana de Sobrado de Gomesende.
Peregrino Gris destaca por ser unha das formacións pioneiras da música celta no continente centroamericano.
Con máis de 10 anos de traxectoria e 3 discos grabados chegan cumplindo o obxetivo de visitar Galicia e promocionar o seu último traballo "Antes de la lluvia".
En Costa Rica, como en moitos países do Caribe, predomina o baile da "salsa". A pesar diso, o grupo Peregrino Gris foi quén de achegar a música celta os seus compatriotas, conformando un numeroso grupo de seguidores (máis de 6500 seguidores en Facebook) e axudando a promoción doutras bandas do país organizando o I Festival Intercéltico de Costa Rica (2012).
Teñen colaborado con artistas da talla de Andy Irvine, Eric Rigler nas súas visitas ó país, e participaron na musicalización do espectáculo "Danza en el bosque" producido por Fredy Corado e presentado en Guatemala e Costa Rica, cun formato inspirado nas grandes produccións do Riverdance, Lord of the dance...
2 comentarios:
Brilliant music, I love that heady blend of sounds. you must try this Free Music Promotion which really helps to increase your traffic. Regards Musician Promote
Another Internet Landfill. Take this shit down for God's sake, stop duping people into coming here to find - nothing.
Publicar un comentario