miércoles, 12 de agosto de 2009

Concertazo de Fuxan Os Ventos en Vigo





Os seguidores de Fuxan Os Ventos tiveron que esperar casi 20 anos para disfrutar novamente deles enriba do escenario...

Con este dato podemos imaxinar a mistura de emocións, lembranzas e sensacións que se deron cita fai poucas horas en Castrelos.

Persoalmente non son moi dado a facer crónicas dun concerto, pero quizáis por primeira vez en moito tempo un evento deste tipo foi quen de conseguir que en vez de centrarme nos diferentes planos do concerto.. acougara, escoitase e por fín...¡máxia! DISFRUTEI (diso se trata, ¿non sí?).

Como ben dixo unha das cantantes do grupo, eu son desas persoas que escoitou a Fuxan Os Ventos no radiocasette do coche dos meus pais.

Daquela todavía non tiña idade para entender o que eran "Voces Ceives" a "Nova Canción Galega" as "Cancións Protesta" as mensaxes dos problemas de Galicia transmitidas en voz polos poetas galegos.

Agora cuns aniños máis as sensacións son ben diferentes das que sentía aquel neno de 8 anos no Talbot Horizon camiño de Celanova.

Son un grupo de persoas preparadas, comprometidas e moi seguras do que queren dicir.

Basta con fixarse nas letras de cancións como: Sementeira, Brazos pra seitura, Cencia do Adro.

Penso que a súa integridade foi a que impactou a xeración dos meus páis, unha xeración con ansias de cambio, con ganas de falar libremente dos problemas que lles tocaban vivir.

Xamáis poderei sentir o mesmo ca eles, a miña vida en comparación ca xente destas décadas foi moi doada, pero por algún motivo sí fun quen de percibir toda esa enerxía.

No aspecto musical, e isto é o fascinante, que faga referencia a este tema despois de moitos párrafos, conseguiron manter o seu son carácterístico, adrezado de aportacións do máis sutil encabezadas por Xose Lois Romero, Guillermo Fernández, Roi Adrio,Benxamín Otero, Simón García, Saiva Nova...Invitados como Uxía, Rodrigo Romaní...Todo un coktail máxico que estivo a altura do mellor dos escearios para o seu reencontro co público vigués.


No hay comentarios: