domingo, 13 de diciembre de 2009

Novo local de música tradicional en Vigo


Ver mapa más grande



Parece ser que estamos a vivir un rexurdir en canto a locais de folklore na cidade de Vigo, e os músicos e bailadores nos alegramos de que así sexa.

Nesta ocasión, Juan Outes "Obi", un dos artífices do emblemático local "A gaita grileira", nos comunica a apertura dun novo local na zona do casco histórico de Vigo.

O local chamarase "A regueifa" e está situado na rúa San Vicente nº1 (xusto por debaixo do kiosko da curva que fai a rúa Elduayen) a carón do "Casco Vello".

Intentarán recuperar o espíritu da "Gaita Grileira" e animan a tódolos gaiteiros/as, bailaríns, pandereteiras/as que o desexen, a visitar este local situado no centro da cidade.

Inauguración: Venres 18 de Decembro as 21:00h