Encadrado no Proxecto Ronsel da Universidade de Vigo, o vindeiro xoves día 11 às 18:00 no auditorio "David Russell" do conservatorio profesional de mùsica de Vigo, terà lugar a presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" da autoría de Pablo Carpintero.
No acto de presentación haberà un pequeno concerto didàctico por parte do autor e interviràn na presentación a directora do centro, Dna Isabel Figueroa, o Vicereitor da universidade de Vigo, D Ivàn Area. Tamén falaràn como convidados ao acto o gaiteiro Carlos Nùñez e responsables da editorial da publicación.
Non perdas a oportunidade de achegarte a este acto para coñecer este gran traballo de Pablo Carpintero que acaba de saír ao mercado.
A entrada é libre ata completar o aforo.
CMUS Profesional Vigo: Felipe Prósperi s/n, xusto detràs do hotel Hesperia da avda. da Florida en Vigo
Ver mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario