miércoles, 11 de marzo de 2009

V Cursos Xarabal


A BANDA DE GAITAS XARABAL informa:

Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril (xoves, venres e sábado coincidindo coa Semana Santa).



Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:

* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz

Todo os obradoiros impartiranse no colexio público San Salvador de Teis(Vigo).

O horario de obradoiros é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. A distribución en sesións sería:

* Duas sesións (9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00).
-Construción de palletas

* Sesión de mañá (9:00 a 13:00)
-Gaita: técnica e interpretación
-Empalletado y afinación
-Percusión tradicional
-Traverso barroco

* Sesión de tarde (16:00 a 20:00)
-Zanfona
-Percusión folk
-Gaita técnica e interpretación

Os cursos pódense contratar en dúas modalidades: unha inclúe a comida e a oUtra non. Ademais débese ter en conta que se fai un desconto á xente que se matricule en dous obradoiros. Coma excepción atópase o curso de construción de palletas que, por estar composto de dúas sesións, considérase coma dous obradoiros.

Os prezos quedarían coma siguen:
1 obradoiro 2 obradoiros
Sen comida: 75 € 125 €
Con comida: 100 € 150 €

* Debido a que existen obradoiros con límites de prazas, estabécese un período de preinscrición.
* Os alumnos/as serán admitidos nos obradoiros por rigorosa orde de preinscrición.
* Cada alumno/a será avisado de se foi admitido nos obradoiros, en canto se reciba a folla de preinscrición.
* As follas de preinscrición deben mandarse cubertas ao seguinte enderezo electrónico: info@xarabal.org

PRAZOS:

Sábado 4 de Abril -> Data límite para enviar a preinscrición.
Martes 7 de Abril -> Data límite para que os alumnos/as admitidos nos cursiños fagan efectivo o pagamento

Toda a información, incluída a folla de preinscrición, está dispoñíbel en www.xarabal.org ou www.myspace.com/xarabal.

A BANDA DE GAITAS XARABAL





2 comentarios:

EMF dijo...

Sabes se há que levar instrumento própio ou há algúm para "rezagados"?

PS: Parabéns polo blog, estás no meu netvibes desde vai já tempinho :-)

Abraham dijo...

Mmmm. Xa non organizo os cursos de Xarabal..É melhor que se ponha en contacto ca organización.
Gracias polo apoio.
Abraham