miércoles, 29 de abril de 2009

IV ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA





CERTAME DE GAITA DE FOL

DATAS:

Sábado 6 de xuño de 2009

18:00 h na Praza da Chousa de Combarro

VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

PREMIOS:

1º Premio ................................................ 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ................................................ 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio .................................................. 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ............. ...........1.200 €, diploma e trofeo



Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana

Entrega de premios

Máis información:

626 825 442

contacto@paidacana.com

paidacana@hotmail.com

BASES:




















-FAI CLICK SOBRE AS IMAXES PARA AMPLIAR




ACTIVIDADES:

Venres 5 de xuño

20:00h Casal de Ferreirós (San Salvador)

Presentación CD V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA

Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición

Inauguración da exposición “Olladas” do pintor pontevedrés F. Sutil


Sábado 6 de xuño

10:00h ALBORADA a cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns

12h RELATORIOS

A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina

Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque

O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea

Paulo González. Músico e compositor