martes, 21 de abril de 2009

Recordando Música: Durindaina (1995)





Así se definía o grupo:

"Nacemos en Santiago no ano 1984, como consecuencia das inquedanzas de cinco músicos que coinciden plenamente na filosofía que debe primar, tanto no ensino, como na interpretación e difusión da música tradicional galega.
Deste xeito comenzamos a andaina como grupo de gaitas, que toma como vieiro principal do noso traballo a recolleita de pezas características da comarca compostelá, e tamén partituras un pouco esquencidas, que conquerimos incluir no repertorio gracias á colaboración do grande gaiteiro Santiagues, Xoan Bello Mallou."

"Dende entón ata o de agora, o grupo vai experimentando diversos cambios, tanto na súa formación, como no seu estilo, sendo o mais salientable a inclusión de novos instrumentos (acordeón, clarinete, requinta) e a inclusión dun novo factor: a voz, obtendo como resultado unha mistura de seriedade musical e alegría interpretativa, que fan que Durindaina tente lembrarnos a aqueles grupos vellos de gaiteiros que animaban, coa ledicia por bandeira, as festas e romarías do noso país, naqueles tempos nos que ainda non existían as orquestas, nin os medios técnicos modernos."

Compoñentes:

- Luis Mouriño Couto : Gaita, clarinete e percusión

- Xoan Porto Becerra : Gaita, acordeón, percusión e voz

- Rafael Moure Outeiral : Tamboril, cunchas e voz


- Antonio Perez Mosquera : Bombo, pandeireta e voz


- Camilo Regueiro López : Gaita, requinta e percusión


Repertorio:

01 - Mallou (Pasodoble)
02 - Vals (Vals)
03 - Pedrouso (Muiñeira)
04 - O Agarradiño (Mazurca)
05 - Asén (Foliada)
06 - 20 Compases (Muiñeira)
07 - Rumba de Carcacía (Rumba)
08 - Fox-Trot (Fox-Trot)
09 - Campañó (Jota)
10 - Negreira (Pasodoble)
11 - Montañesa (Muiñeira)