viernes, 27 de noviembre de 2009

NOVO LIBRO & DVD de BAILE GALEGO





Formato: 136 páxinas DIN A4 + DVD + CD AUDIO

DISPOÑIBLE A PARTIR DO 9 DE DECEMBRO DE 2009

PREZO DE LANZAMENTO: 33 EUROS *(máis gastos de envío, excepto con tarxeta de crédito. Desconto para venda online exclusivamente. PVP normal, 38 euros)

Información e pedidos AQUÍ

Podes ver, escoitar e ler una danza de exemplo AQUÍ

Así fan os bailadores... contén unha compilación de danzas e bailes
tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego.
O libro consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais
e cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións.
No DVD pódense ver ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos
e mozos con música ao vivo.
Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que posúe a calidade
requirida para servir de apoio á execución dos bailes,
ou ben á escoita por pracer.

O interese da obra vai moito máis aló da mera práctica,
visualización e escoita da música nela contida,
ao incluír a reprodución en cinetografía das danzas e bailes practicados.
Un método de escrita aplicado á danza,
ideado por Rudolf Laban a comezos do século XX e desenvolvido por
János Fügedi, profesor no Instituto de Musicoloxía da
Academia Húngara das Ciencias de Budapest, e que é a primeira
vez que se edita no Estado español. Xunto a el,
son autores deste proxecto Xabier Iglesias (mestre de baile tradicional galego e investigador da cultura tradicional),
Juan Parga (músico e mestre especializado en Educación musical)
e Sergio de la Ossa (etnomusicólogo).

Este traballo está dirixido a profesores de Educación primaria e secundaria,
así como doutros niveis educativos, animadores culturais e monitores
de tempo de lecer, e mestres de baile tradicional; tampouco esquecimos ás
familias que queiran iniciar ás nenas e nenos nos nosos bailes e danzas, que
conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial.

No hay comentarios: