martes, 31 de marzo de 2009

ALALÁ 31/03/2009



Hoxe, Martes 31/03/2009

Hora: 21:35h

Canal: TVG

Sitio Web: http://www.crtvg.es/programas/?p=7&m=1




Esta noite será moi emotiva por ver recoñecida a laboura dunha institución e das persoas que traballan para ela. Falamos da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos Tiven a oportunidade de traballar con eles en dúas ocasións e como veredes por televisión trátase dunha experiencia única.

Na segunda entrega dos programas que "Alalá" dedica á música galega en Brasil trátase a evolución da nosa música na cidade de São Paulo, unha metrópole onde as cousas se expresan en cifras: trinta millóns de habitantes, seis millóns de vehículos... Os sampauleiros andan con présa e en atascos, por iso nunha das cidades máis ricas do mundo, os que poden van polo aire, pois en São Paulo está a maior frota de helicópteros do planeta.

São Paulo é un lugar de emigrantes, pois é onde hai máis italianos fóra de Italia, máis xaponeses fóra de Xapón, máis libaneses fóra do Líbano... e por suposto tamén hai galegos que emigraron a São Paulo dende fins do século XIX. A emigración galega viviu aquí bos e malos tempos, así que o programa tratará as distintas épocas que os emigrantes viviron na "cidade que non pode parar", tempos en que se repatriou a galegos e outros, como agora, onde hai gaiteiros traballando en compañías multinacionais.

O centro Hispano Brasileiro de São Paulo foi o espazo onde floreceu durante moito tempo a música galega na metrópole brasileira, e onde se vivía dunha maneira moi parecida a Galicia: nace de maneira espontánea, pero organízanse no grupo "Lembranzas e Agarimos", que xa leva trinta anos traballando pola nosa música e dando clases de baile e danza a nenos, maiores e a quen queira meterse no grupo. Esta noite música galega nunha das cidades máis grandes do planeta: "Alalá" en São Paulo.

No hay comentarios: