miércoles, 29 de abril de 2009

IV CONCURSO DE GAITEIROS MANUEL DOPAZO





DATAS:

24 DE MAIO DO 2009 as 18:30 horas

PREMIOS:

1er premio: 1500 euros
2º premio: 700 euros
3er premio: 500 euros



As bases poderán ser solicitadas na Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira:
Rúa Vista Alegre nº 16 36570 Bandeira - Pontevedra
Tlf: 986 585 550

e-mail: asocvistaalegre@terra.es

Tódolos participantes recibirán un diploma acreditativo pola súa participación.

BASES:

PRIMEIRA
Poderán tomar parte tódolos gaiteiros solistas que o desexen, establecéndose unha única categoría.

SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no IV CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS “MANUEL DOPAZO” deberán enviar o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN cuberto (ORIXINAL ASINADO) á Asociación Cultural Vista Alegre, R/ Vista Alegre nº 16, 36570 – A BANDEIRA (Pontevedra), antes do día 16 de Maio, ou remitilo por fax ó número 986 58 55 50, ou enderezo electrónico: asocvistalegre@terra.es

O impreso de solicitude, orixinal asinado, para participar no Certame, deberá ser entregado polo participante á organización, ainda que antes se enviara por fax ou correo electrónico.

O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As gaitas deberán ser galegas de organoloxía tradicional e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

CUARTA

O estilo e carácter da(s) peza(s) a interpretar, serán necesariamente galegos, tanto de tipo tradicional como de autor galego contemporáneo.

A duración da(s) interpretación(s) non rebasará os 6 minutos en total (incluida a afinación).

É obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será a mesma que o número de inscrición.

QUINTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 1.500 € e Diploma (Concello de Silleda)

2º. Clasificado: 700 € e Diploma

3º. Clasificado: 500 € e Diploma

SEXTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do IV Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, expresividade na interpretación, dificultade de execución e orixinalidade no arranxo e/ou composición das pezas a interpretar. Ditos apartados serán avaliados independentemente por cada membro do xurado cun máximo de dez puntos cada un, de xeito que cada concursante poderá acadar un máximo de 40 puntos por cada membro. A suma das puntuacións de cada compoñente do xurado, outorgará a avaliación final de cada gaiteiro participante.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

SÉTIMA

Ó remate do certame, tódolos participantes interpretarán xuntos o Hino Galego, e para isto deberán empregar gaitas na afinación de do e a 440 Hz. Ó final destas bases acompáñase partitura do Hino Galego a interpretar.

OITAVA

A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 16 DE MAIO DE 2009


Para consultar calquera dúbida, chamar ós teléfonos:

986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)
699 41 85 14

PEZA A INTERPRETAR Ó REMATE DO CONCURSO:

HINO GALEGO


-FAI CLICK SOBRE A IMAXE PARA AMPLIAR E GARDAR

Biografía de Manuel Dopazo AQUÍ

No hay comentarios: