jueves, 24 de julio de 2008

DIEGO MARIÑO: Traballos





Biografía do gaiteiro de Crema de gaita.

Con 11 anos iniciou a súa andaina na música tradicional galega grazas a X. Manoel Oliveira, que lle inculcou a súa devoción pola gaita e pola música en xeral. Dende aquela recibiu clases de gaita con profesores como Xaquín Xesteira, Xaime Estévez, Ernesto Campos, Xosé Luís Miguélez, Rebeca Carrera, Antón Corral e Patrick Molard. Asistiu a clases de frauta de bico con Pedro Silva e de análise con Paulo González e Pablo Beltrán. É titulado en Gaita polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo, estudante de Maxisterio Musical na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, e actualmente cursa estudos de Instrumentos da música tradicional e popular no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A súa experiencia artística comezou coa agrupación Lembranzas Galegas, coa que recorreu a maior parte da xeografía española e parte de Europa. Posteriormente, pasou a formar da Banda de Gaitas Xarabal onde participou como gaiteiro solista. Ademais, recibiu numerosos premios como gaiteiro solista e como membro do cuarteto de música tradicional Doela, e participou na gravación de diferentes traballos discográficos como o ballet folk María Soliña (inédito); o disco Ceia Louca, do grupo Brigada Víctor Jara (Universal Music Portugal); Folk ó forno, que gravou recentemente co conxunto folk do Conservatorio Superior de Vigo (Xunta de Galicia), ademais do disco TanGalego, con Crema de gaita.

Como docente impartiu clases de gaita e linguaxe musical no Conservatorio Mayeusis; nas agrupacións O Fiadeiro e Maruxía; para a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya; para a Consellería de Emigración nos centros galegos de San Sebastián, Barcelona, Andorra, Suíza, Nova York e Venezuela ; no II e III Cursiño Xarabal; no taller de gaita do XXII Festival Intercéltico de Moaña; e actualmente é profesor da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.

Conta tamén coa publicación de colaboracións en diversos traballos editoriais, como as partituras das súas composicións "Algazara" e "Doela" no libro De Pano Sedán en Edicións do Cumio e “El alalá. Estudio de un género” na revista de etnomusicoloxía Etno-folk, volume 1, nº 3, editorial Dos Acordes.

Descarga algún dos seus traballos:

Alalás por Diego Mariño

Tabla de Digitacion por Diego Mariño

Estiramientos para gaita gallega por Diego Mariño

Afinación de la escala diatónica, por Diego Mariño

No hay comentarios: