miércoles, 22 de octubre de 2008

SESSIONS NO BATALLÓN. 23/10/2008 -Adicada a Manuel Quiroga e a Andres Gaos






Berrogüetto - Muiñeiras de Gaos e Quiroga


En homenaxe a Manuel Quiroga (abril 1892 - 19 de abril de 1961) e Andrés Gaos (1874-1959).

Manuel Quiroga foi un violinista e compositor pontevedrés, un dos grandes violinistas españois xunto con Pablo Sarasate e Manén.

Fai click AQUÍ para leer o artigo de La Voz de Galicia

Nos seus primeiros anos recibe clases de Medal, Isidoro Puga e Juan Sagayo.
En 1904 recibe unha bolsa da Deputación de Pontevedra para recibir no Conservatorio de Madrid clases con José Hierro.
Con 16 anos acada o número un nas probas de acceso ó Conservatorio de París, onde será alumno de Nadand. En 1911 obtén o primeiro premio de violín de dito Conservatorio, o que lle permite dar os seus primeiros concertos por Francia e España. O 26 de agosto dese ano triúnfa no Teatro Principal de Pontevedra, sendo levado a hombreiros desde alí ata a súa casa.

En 1914 viaxa por vez primeira a América, onde é coñecido como "o mago do violín". Percorre Cuba, Canadá, os Estados Unidos e Iberoamérica acompañado da que sería a súa esposa, a pianista francesa Marta Leman.

O seu repertorio incluía pezas clásicas universais. Como compositor, escribiu pezas como Lamento Andaluz, Danzas Españolas, Lonxe da terriña, Canto amoroso, Rondalla, ou Concert dans le style antique.

A súa obra foi admirada por importántes músicos como Eugène Ysaÿe, que lle adicou a última das súa Seis sonatas para violín. Opus 27, da que só se imprimiron dez exemplares, conservándose un deles no Museo Provincial de Pontevedra.

A súa carreira viuse truncada en xullo de 1937 ó ser atropelado por un camión en Times Square (Nova York), ó volver ó hotel despois dun concerto con José iturbi. Decidiu entón refuxiarse na pintura e a composición, vivindo a cabalo entre Pontevedra e Compostela.

En 1949 o Concello de Pontevedra instalou unha estatua de Francisco Asorey como homenaxe.

Morreu en 1961, sendo a súa invalidez xa irreversible.

Ver video-reportaxe AQUÍ

Fai click AQUÍ para ver o catálogo das súas obras.

Cuarteto Quiroga, creado para homenaxear a música deste célebre violinista galego.


Andres Gaos

Andrés Gaos Berea (A Coruña, 31 de marzo de 1874 - Mar del Plata, 13 de marzo de 1959) foi un compositor e violinista, un dos principais representantes da música clásica galega.

Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En 1884 ingresou no Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio. En 1888 volveu á Coruña e conseguiu máis bolsas para realizar estudos en París e Bruxelas. En 1895 viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en Bos Aires e Montevideo. En 1896 casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixou a súa residencia en Bos Aires. En 1917 divorciáronse e Andrés casou cunha alumna súa, coa que tivo tres fillos.

A súa actividade desenvolveuse fundamentalmente na Arxentina, aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Cara 1899 publicou obras para canto e piano e unha habanera para violino e piano. Entre 1912 e 1916 compuxo moitas cancións, unha das cales, Granada, foi premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En 1916 obtivo un premio en Tucumán pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada ao seu amigo Pablo Casals. A súa última actuación na Coruña foi en 1927. Entre outras composicións incluíu dúas obras súas, Romana e Danza arxentina nº 3, que tiveron un grande éxito.

Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 En las montañas de Galicia, Opúsculo de la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas, Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, a canción Rosa de Abril (sobre o poema de Cantares Gallegos de Rosalía) e a ópera Amor vedado, Fantasía para Violino e Orquestra, Opus 24, Sinfonía en la menor (en tres movementos), Humoresca para violonchelo e piano, Romanza para Violino e Piano, Impresión Nocturna. Ademais dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.

Algunhas destas obras están gravadas en disco pola Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez.

Fixéronse varios arranxos de obras súas como por exemplo o do segundo movemento da súa Sinfonía nº 2 para banda, levado a cabo polo músico Hernán Naval Parapar.


Seguir lendo a súa biografía AQUÍ

ANDRÉS GAOS - ARROZ CON LECHE
Fragmento grabado cuando Gaos tenia 79 años, junto a el se encuentra una niña que canta un tema popular llamado "Arroz con Leche"


Fai click AQUÍ para acceder a un artículo que fala sobre a interpretación da súa obra "Impresión nocturna" pola Orquesta Sinfónica DE RTVE, dirixida por Adrian Leaper.

No hay comentarios: