lunes, 1 de febrero de 2010

O gaiteiro de Penalta





Leer poema AQUÍ


Ver mapa más grande

A existencia de Manuel Castro González, o arrogante gaiteiro de Penalta, non é, nin moito menos, unha ilusión literaria que Manuel Curros Enríquez matinara para participar no concurso poético sobre “Tradicións, costumes e tipos” que no ano 1877 se organizara en Ourense. Agora ben, o que si é evidente é que, probablemente coma na “virxe do cristal” e en “unha boda en Einibó, unha vez collidas da man a tradición, o costume e o tipo, o maxín literario de Curros voara ó albedrío da rima ou da métrica utilizada para as súas composicións e algunhas das referencias que o poeta fai na redacción, non sexan de todo certas.

O que hoxe sabemos é que Manuel Castro González nace en Penalta o 18 de marzo de 1832 froito do matrimonio formado por Juan Castro e Rosa González, labregos e vecinos de Penalta. Arredor do ano 1860 debeu casar coa veciña de Santa María de Olás (A Merca), Rosa Baquero, coa que acabaría por fundar unha familia. E unha familia coma as da época, é dicir, numerosa, como tamén lle correspondía a un bo gaiteiro. Xa, dentro do matrimonio con Rosa Baquero, ten 6 fillos.
O que non sabemos por agora é cando o gaiteiro deixa de existir, porque aínda que hai referencias á súa condición de avó “residente en Penalta” e logo outras do “avó xa falecido”, o libro de defuncións do Rexistro Civil de Celanova non recolle o seu pasamento, o que ten feito pensar con serta lóxica que o óbito o sorprendera fora do seu casal de Penalta.

I era de ver con qué trazas,
Sin faguer pausas nin guiños
Nin caso das ameñazas,
Furtaba un bico ás rapazas,
Dos noivos diante os fuciños..

O que ainda permanece é unha anécdota contada por o zanfonista e gaiteiro, Faustino Santalices, o cal dicía que fora alumno do famoso gaiteiro: que cando o gaiteiro tiña saída par tocar nalgunha festa ou romaría de revolta, collera por norma colocar unha saba branca nun penedo situado a carón da súa casa en Penalta e cara o cal debería fitar polas mañás o aprendiz de gaiteiro, co fin de poder saber dunha fitada se tiña ou non tiña que ir ós ensaios aquel día. E aínda hoxe podemos ver na ruta currosiana ese penedo e imaxinar voltar ós tempos do gaiteiro de Penalta.

Noticias relacionadas:
Noticia 1
Noticia 2

Texto extraído de http://www.currosenriquez.es/PAGINAS/ruta%20currosiana/RUTA%20CURROSIANA.html e redactado por Antonio Piñeiro.

2 comentarios:

ourensalia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Abraham dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.