viernes, 5 de junio de 2009

ROI CASAL - Lendas Douradas - Novo disco !





A música tradicional, a poesía e a vangarda dun estilo musical ligado a Galicia fusiónanse en Roi Casal dunha forma natural e harmónica, sen imposicións e sen modas.

Nace así Lendas Douradas, resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.

O traballo que presenta PAI Música, é a síntese do que buscamos nos nosos proxectos: Frescura, profesionalismo e ambición musical. Debido a isto, os vieiros que levamos trazando e o que vén de iniciar Roi Casal, crúzanse e compleméntanse nunha simbiose que fai medrar a ambos.

Dende o ano 2000 Roi Casal forma parte de Milladoiro, o grupo mais recoñecido internacionalmente do folk galego, e debido ás súas inquietudes artísticas e creativas sente a necesidade de exportalas e facerse un lugar con nome propio.

En definitiva, Pai Música comprácese de presentar Lendas Douradas, esencia do que somos, do que facemos e do que cremos. Un disco galego deste século para unha nova xeración de cidadáns universais. Contemporáneo, xenuíno e con pequenos tintes de pop.
Roi Casal é o que acaba de conseguir con este traballo, pasar a ser unha lenda dourada. A súa capacidade na composición e o seu talento na interpretación fai que teñamos ante nós a un artista que aínda que xa teña unha experiencia e unha carreira consolidada, non esquezamos que pertence a Milladoiro, é unha fonte viva e que perdurará coas maxistrais cancións que desarrollará na longa traxectoria en solitario que acaba de comezar.

Ver os vídeos de Roi Casal AQUÍ

No hay comentarios: