miércoles, 8 de julio de 2009

Fasero novo director da AGADIC





Como tamén publica Malmequer

A Xunta nomea a Juan Carlos Fernández Fasero novo director da Agadic

Tras varios atrasos, o posto de director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) xa ten novo nome. Trátase de Juan Carlos Fernández Fasero, que substitúe a Miguel Martín á fronte do organismo, segundo aprobou este xoves o Consello da Xunta.

Ata agora, Fernández Fasero era director da empresa Zouma Producións S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas. Ademais, era concelleiro do PP en Arnoia desde 2007.

Membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi, ademais de autor de tres discos en solitario, Fernández Fasero empezou encamiñando a súa carreira pola Física, estudos que cursou na Universidade de Santiago, en complemento dos de guitarra do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreiras e Lume e foi nomeado 4 veces pola Academia da Música como mellor autor en galego.

www.galiciae.com