lunes, 19 de enero de 2009
ALALÁ 20/01/2009
Hoxe, Martes 20/01/2009
Hora: 21:30h
Canal: TVG
Sitio Web: http://www.crtvg.es/programas/?p=7&m=1
Elas, as Raigañas, son nove mozas de Malpica pandereteiras, criadas entre o mar da Costa da Morte e as leiras de patacas e de millo das parroquias de Cerqueda, Cambre e Leiloio. Durante anos recolleron das avoas os cantares da comarca, que hoxe compoñen o seu repertorio e o seu primeiro disco. Elas levan polo mundo os sons da súa terra e alí é onde queren estar, pero ningunha delas vive onde naceu, porque non lles é doado atopar traballo preto da casa.
Fóra da pesca e do campo, da construción e dos talleres de confección, apenas hai onde empregarse, por iso as Raigañas tiveron que marchar, como fixeran antes seus pais e seus avós, e non tiveron que ir moi lonxe pois en vez de ir a Suíza buscaron traballo na Coruña, en Pontedeume ou en Carballo. A súa é unha emigración moi distinta á dos maiores, pero a morriña, polo que din, case é a mesma. Botan en falta a familia, os amigos, a paisaxe e un xeito de estar e de vivir que só atopan na súa terra. Por iso cada fin de semana, coa escusa de ir ensaiar co grupo, tiran para Cerqueda. Alí, os ensaios das Raigañas convértense nunha verdadeira terapia en que, entre risas, falares e cantares, esquecen todas as preocupacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario