sábado, 3 de enero de 2009

Recordando Música: La Zanfona (1976) Faustino Santalices





Faustino Santalices (1877-1960) está considerado o investigador máis importante de zanfona en España da primeira metade do século XX. Este gaiteiro de Bande quedou prendado da zanfona cando de mozo lla escoitou tocar a un cego.

No 1927 gravou dúas pezas con este instrumento. Estudou, recolleu e mellorou tecnicamente a zanfona. No 1949 editou en Madrid un disco completo, titulado Gravaciones históricas de zanfona. Tamén escribiu o primeiro libro español sobre este instrumento: La zanfona (1956).

Co apoio da Deputación de Lugo, fundou nesa cidade un Taller-Escola de Instrumentos Galegos no que formou artesáns para que a tradición da zanfona ibérica non se perdese.

Mais datos sobre a zanfona AQUÍ

Fai click AQUÍ e selecciona o programa adicado a Faustino Santalices do 12/02/2008


Temas da obra:

01 - Romance de Don Gaiferos
02 - Camiña Don Sancho
03 - Axéitame a polainiña
04 - Lonxe da terriña
05 - Alalá de seitura
06 - Alalá de Las Mariñas
07 - Redonda o golpe
08 - Cantigas de ciegos
09 - Alalá de Padrón
10 - Alalá de arrancar lino
11 - Pasei p-ola túa porta - Esta noite ei d'ir alá

1 comentario:

Paco dijo...

Gracias por compartir algo realmente tan interesante.

¿De qué año es este álbum? Me refiero al año en que la grabación o las grabaciones si son varios trabajos se realizaron, no a su edición póstuma en 1976.