sábado, 24 de mayo de 2008

CANCIONEIROS GALEGOS


CANCIONEIRO CASTO SAMPEDRO Y FOLGAR

Casto Sampedro y Folgar, (Redondela, 15 de novembro de 1848 - Pontevedra, 8 de abril de 1937) foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego.

Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do proprio Casto temos datos dabondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén só sabemos que a familia de súa nai procedía de Santiago. Por parte do pai hai datos que indican que esta estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía.

O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon y Londa, filla de Alejandro Mon, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados.

Na súa casa, D. Casto tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridas tertulias de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés.



Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos, Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados. xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,...

Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación...

Polo demais, na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente del. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro y Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia que a continuación se comenta moito máis polo miúdo. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude.

Tamén é importante mencionar a actitude cordial que mantiña coa xente da que adoitaba estar rodeado e a especial relación que mantivo con Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor.

Para rematar esta biografía non se pode deixar de mencionar, que a nivel histórico, a figura de Casto Sampedro y Folgar, foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura.

Foi, pois, un figura de suma importancia no século XIX e nos inicios do século XX. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.

Tendo en conta a súa obra non se pode deixar sen comentar a importancia que constitúe o seu cancioneiro xa que ten como característica principal a conservación da música e a descrición dalgunhas danzas, feito realmente interesante se se teñen en conta as datas en que foi realizada a recolleita e a posterior compilación (fins do XIX) e os escasos medios con que debían contar Sampedro e os seus colaboradores para este fin.

A obra é pois unha boa mostra de diferentes cancións recollidas por unha boa parte de Galiza incluíndo tanto as letras como a música e, ás veces, a danza que as acompañaban.

DESCARGAR CANCIONEIRO



JESÚS BAL Y GAY

Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 - Torrelaguna, Madrid, 1993), compositor y musicólogo español

Comenzó sus estudios musicales en su ciudad natal. Allí entabló contacto con el grupo de la revista Ronsel en cuya editorial publicó Hacia el ballet gallego (1924), ensayo que supuso su lanzamiento a la vida literaria profesional. Empezó entonces un ambicioso proyecto, Cancionero gallego, que no vería la luz hasta 1974. Se trasladó a Santiago de Compostela para estudiar Medicina, pero lo dejó todo para acudir a Madrid, donde, en 1924, ingresó en la Residencia de Estudiantes

Vivió en la Residencia entre 1925 y 1933, siendo un activo colaborador de la misma. En ella organiza el servicio de música y trabaja denodadamente en actividades de la Junta de Ampliación de Estudios, gracias a la cual puede seguir recogiendo su monumental Cancionero gallego (cuyos contenidos fueron posteriormente aprovechados por grupos musicales como Milladoiro y otros). Pero en su labor etnomusicológica se aventuró también por la música popular extremeña y por el repertorio hispano de los siglos XVI y XVII. Formó parte del Centro de Estudios Históricos que dirigía Ramón Menéndez Pidal. Pero fue la Residencia de Estudiantes la que le abrió las puertas de la música de vanguardia, pues allí coincide con Francis Poulenc, Maurice Ravel, Ígor Stravinski o Manuel de Falla. Conoce además en ella a la pianista Rosa García Ascot, alumna de Enrique Granados y Manuel de Falla y miembro del Grupo de los Ocho que será en el futuro su esposa.

En 1926 empieza a tratar más asiduamente a Falla y a partir de 1927 se implica en el Seminario de Estudios Gallegos y trata a los jóvenes intelectuales y artistas en torno a él reunidos. Colabora en prensa, principalmente desde las páginas de El Pueblo Gallego de Vigo. La publicación del texto Las 30 canciones de Lope de Vega le vale al compositor una invitación para viajar a la Universidad de Cambridge, hacia donde marcha en 1935 como lector de español y en donde permanece tres años. No pudiendo volver a España debido a la Guerra Civil, en 1938 se exilió en México, donde fue acogido por el presidente Cárdenas. Su esposa se reuniría con él más tarde, pues permaneció en París para asistir a clases con Nadia Boulanger.



En México se constituyó en uno de los pilares de la cultura musical junto a Adolfo Salazar y allí desarrolló una prolífica y poco conocida labor como musicólogo, ensayista, traductor, colaborador en prensa y compositor, entre muchas otras actividades, que le convirtieron en referente de la vida musical mexicana. Allí también comenzó su íntima amistad con Ígor Stravinski y su mujer Vera. El músico, junto a su esposa y Vera Stravinski, abren la primera galería de arte privada en México, Diana, en la que exponen figuras como Remedios Varo o Leonora Carrington. Participa además en la radio y en el departamento de investigaciones musicales de la Universidad Autónoma, y colabora como crítico musical en El Universal y en Excelsior. Fue considerado una especie de apóstol de la vanguardia por la influencia de su gran amigo Stravinski. En México estrenó algunas de sus obras como Serenata o El ballet don Quijote y publicó el Cancionero de Upsala, Tesoro de la música polifónica en México o un estudio sobre Chopin.

Volvió a España en 1965, donde, tras una primera etapa de éxitos y el estreno de algunas de sus obras, fue, exceptuando algún reconocimiento u homenaje puntual, cayendo paulatinamente en el olvido. Víctima de una economía maltrecha, ingresa junto a su esposa en una residencia de ancianos en Torrelaguna, donde muere en 1993. Su mujer le sobreviviría casi una década, falleciendo con cien años en 2002. Ambos descansan en el cementerio de la localidad madrileña. Su sobrino-nieto Javier Arias fue también compositor.

Escribió además La música en la Residencia (México 1963), varios ensayos musicales, como los dedicados a Chopin o Debussy. Entre sus transcripciones de música antigua y popular se cuentan 30 canciones de Lope de Vega editadas por la Residencia en 1935, y el Cancionero de Upsala, editado en México. Compuso, entre otras, Serenata para orquesta de cuerda (1942) y Concierto Grosso en homenaje a Juan Sebastián Bach, su última composición.

En la Residencia de Estudiantes se custodia su archivo, formado por un rico epistolario internacional con músicos de su tiempo, representantes de la Institución Libre de Enseñanza e intelectuales gallegos, y transcripciones de polifonía clásica y de su recogida de canciones extremeñas, así como estudios inéditos sobre los vihuelistas españoles del siglo xvi, y todo el material del Cancioneiro Galego. También hay manuscritos de la mayor parte de sus composiciones originales, entre ellas una inédita Oda a Don Quijote y transcripciones de músicas ajenas: Chávez, Stravinski, Falla, Nikolay Rimski-Kórsakov, Rosa García Ascot. Hay recortes de sus colaboraciones periodísticas de crítica musical desarrolladas en México, y un borrador de un libro sobre Falla.

DESCARGAR CANCIONEIRO

2 comentarios:

Ana dijo...

Ola, os enlaces están rotos. Habería forma de recuperalos?

Salvaxe dijo...

A páxina leva varios anos sen publicar nada e as últimas entradas son unha por ano... Así que penso que non ha responder. Eu cheguei aquí pra conseguir o de Bal y Gay, o de C. Sampedro xa o teño pero o outro nada... O de Casto Sampedro pódelo atopar en Scribd, se te rexistras e sobes algo (calquera documento de texto serve, incluso sen sentido ;) ) pódese descargar. Son 115 megas, son todo imaxes escaneadas sen texto seleccionable. Saúde.
https://www.scribd.com/document/325480615/Cancionero-Musical-de-Galicia