martes, 27 de mayo de 2008

MILO ROMERO: GENIO Y FIGURA

WEB DE MILO ROMERO

Naceu o 23 de Decembro do 1980 en Santa Uxía de Ribeira, provincia de A Coruña. Neto de Xosé Romero Súarez, Gaiteiro do Grupo Os Rosales de Asados e sobriño de Pepe Romero Miguéns, Director da Banda de Gaitas Ancoradoiro de Ribeira.
Dende pequeno gracias a vocación do seu avó iniciou os seus estudios de gaita na Escola de Musica Tracional de Ribeira acadando o ultimo grado de Perfeccionamento con tan só 16 anos,cabe destacar que e a única persoa a día de hoxe que conseguiu acadar o diploma. Asistiu a diversos cursos de instrumentos tradicionais con mestres como, Juanjo Fernández, Anxo Lois García Pintos, Carlos Núñez, neste ultimo foi escollido entre unha selección a nivel mundial de gaiteiros para poder asistir o curso.

Milo cambiándose


Formou parte da Banda de Gaitas Ancoradoiro de Ribeira durante 8 anos, co cal gravou e fixo arreglos de percusión, o último e derradeiro disco cuio nome e “Sui Generis”, membro tamén do cuarteto de gaitas Ancoradoiro, acadando diversos premios en concursos de musica tradicional…. Finalista no Concurso Constantino Bellón no 1995 con tan solo 14 anos. Finalista no Trofeo Mc Allan.
Foi director da Escola de musica tradicional de Porto do Son e á súa vez Director da Sección de Percusión da banda de gaitas Suevia a cal era o resultado da Escola de Música Tradicional, na cal todos os arreglos de percusión e varias harmonizacións tamén foron compostas por el mesmo. As súas tendencias no ámbito tradicional son claras, unha musica sinxela e á vez complexa, innovando pero gardando o carácter tradicional.
Membro e fundador do Cuarteto Vilabeira , cuarteto de gaitas de recente formación, co cal acadou diversos premios:
2º Premio no Memorial Manuel Texo no 2004.
2º Premio no Concurso de Cuartetos Tradicionais de Ponteareas no 2004, neste foi con dúas composicións propias as cales se titulan “Viaxe á terra de Alveixe” e “Nove Lúas”.
1º Premio Festival de Música Tradicional “Con Música Propia”, Televisión de Galicia ca Banda de Gaitas Ancoradoiro.1996
4º Premio no Concurso de Cuartetos Tradicionais de Ponteareas 1998 co Cuarteto de Gaitas Ancoradoiro.

Milo Romero con la Mastergaita


Cabe destacar entre outras a súa actuación como solista no festival intercéltico de Brest , no festival intercéltico de Lorient, e no festival celta da Cañiza. Impartiu un curso de gaita de tres meses en centros galegos de Montevideo en Uruguay no 2005 do 3 Mayo ó 3 Agosto, outro curso no Club España en Newark E.E.U.U., o cal durou 15 días, do 1 e Outubro ó 16 de Outubro. Do 16 de Outubro o 31 de Outubro impartiu outro curso de Gaita Galega en Maracaibo Venezuela o cal durou tamén 15 días.
Actualmente forma parte do cuarteto tradicional Vilabeira, Nubeira e fai colaboracións con máis xente como o grupo Laio, Edelmiro Fernández, a 120,…
A parte da gaita tamén posúe coñecementos de batería e percusión con 10 anos de experiencia nesta profesión. Asistiu a clases e Master class con diversos mestres de gran prestixio como “El Pájaro”, “Richard”, Fernando Llorca, Gregg Bisonette, Carlos Carli… A súa vez tamén formou parte de grupos de rock como batería coma poden ser, Lizard Crash, Metalmorphosis, Embrace Me Ocean, 96 º Jrados, Conzierto Descaro, Delir1um, e tamén pero mais profesionalmente en orquestas como: Grupo de verbena PK2, Orquesta Alcalá, Orquesta Galáctica, Orquesta Brujas e Orquesta Jerusalén (desta última era o director musical en escena).

Milo a la batería con la "Orquesta Brujas" video 1


Milo a la batería con la "Orquesta Brujas" video 2

Como percusionista tradicional rematou o grao de perfeccionamento na Escola de Música Tradicional De Ribeira e tamen asistiu a diversos Cursos, de percusión estilo escocés de alta tensión, impartidos por Manuel Durán e Allan Chatto,…
Durante a súa traxectoria como músico acadou unha cifra de mais de 1800 actuacións contando os grupos, orquestas, bandas, solista, etc …

Milo con la "Orquesta Brujas"


Milo Romero con la mastergaita 2


Descarga algún dos seus traballos:

Historia de la gaita (En Gallego), Recogido por Milo Romero

Instrumentos de Percusión (En Gallego) Recogido por Milo Romero

Información General de la Gaita, Recogido por Milo Romero

Metodo de Iniciación a la Gaita, por Milo Romero

Metodo de Continuacion de la Gaita, por Milo Romero

No hay comentarios: