A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de aloxar no portal web da Xunta o tradutor automático español-galego que permite traducir textos de ata 2.500 caracteres e páxinas web completas, o que facilita a lectura de contidos na nosa lingua.
ACCEDER Ó TRADUCTOR
Este tradutor vén a desenvolverse dende hai uns 2 anos e xa se distribuíron licenzas desta aplicación en concellos, no Parlamento de Galicia, nos centros de ensino, na Administración de xustiza, nos medios de comunicación e na Administración periférica do Estado, entre outras entidades, co que se pretende axudar á xeración de contidos en galego.
A nova ferramenta foi desenvolvida no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa empresa Incyta Multilanguage, e agora ponse á disposición de toda a cidadanía de balde.
Polo momento o tradutor só permite pasar textos de español a galego, pero xa se adxudicou nunha convocatoria pública a creación dun tradutor do inglés ao galego e viceversa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario