Quero presentarvos este filme, rodado en terras de Valdeorras, lugar de procedencia do meu pai.
Rubén Riós, un dos protagonistas do filme tamén ten conexión con estas terras. Tiven a sorte de coñecelo fai uns meses e incluso teño a sensación de habernos visto fai anos durante a nosa etapa de estudantes, se non me falla a memoria él estudiou en Vigo. Non sei si estudou no IES Sta. Irene... de todas formas como xa dixen antes volveríamos a coincidir nalgunha grabación do programa "Luar" na TVG . No IES Sta. Irene coincidiu con outros amigos como Luis Carregal e Victor Hugo que de seguro formarán parte dunha exitosa xeración para o audiovisual galego.
Pradolongo, un filme de Ignacio Vilar gravado íntegramente na comarca de Valdeorras (Ourense). A historia trata sobre tres amigos da infancia que ven como se vai deteriorando a súa amizade por algo tan importante nas nosas vidas como é o amor. Raquel, Martiño e Armando son os protagonistas nesta longametraxe, e son tres mozos que acaban de cumprir a maioría de idade.
"O verán presentábase como todos os demáis, con festas, tardes no río, excursións a Pradolongo...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha laguna glaciar. É propiedade dos pais de Martiño, quen ya comezan a notar os achaques tras toda unha vida de duro sacrificio no campo.
Pero pode que ese lugar agache un tesuoro. A comarca progresou gracias á calidade da louxa que se exporta a todo o mundo e Roi -irmán de Martiño- pon todo da súa parte para facilitar as prospeccións en Pradolongo, que poden cambiar a vida da familia.
Ante elo Martiño, de espíritu emprendedor e teimudo, cre que existen outras alternativas.
A louxeira interesada é propiedade da familia de Armando, un rapaz acomodado que xunto a Raquel e Martiño conforman un estreito grupo de amigos da infancia. E os tres están a punto de descubrir o que significa facerse maior: as responsabilidades, os desenganos...así que o amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo obrigaraos a que se replanteen os seus sonos e os vínculos que os manteñen unidos dende a infancia."
TRAILER
QUEN POIDERA NAMORALA
IMAXES DA RODAXE
ENTREVISTA A RUBÉN RIÓS
No hay comentarios:
Publicar un comentario