martes, 8 de abril de 2008

Nova Galega de Danza

A compañía NOVA GALEGA DE DANZA, é o resultado dun proceso que comezou en 1998 cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime P. Díaz acadan a súa madurez artística e profesional, e deciden aunar esforzos para satisfacer as súas inquedanzas na procura de novas formas de expresión. Os puntos de partida eran distintos, pero o obxectivo era común: a fusión da tradición folclórica galega coa danza contemporánea.



O equipo creativo complétase meses despois coa incorporación de Xosé Lois Romero, recoñecido compositor e intérprete formado na música galega de raíz, quen acepta o reto de crear un estilo musical acorde coas pretensións coreográficas.

O 5 de abril de 2002 debutan, baixo a denominación de Compañía Trintaetrés, no I Maratón de Danza de Madrid, celebrado no Teatro de Madrid, onde son premiados co 4ª posto entre máis de 70 compañías.

O 28 de xuño, son seleccionados para o XI Certamen Nacional de Danza Española y Flamenco, resultando finalistas.

O 12 de setembro de 2002 son convidados a participar na gala do X Aniversario del Teatro de Madrid, da man de José Manuel Garrido, director do Teatro de Madrid.

Entón a compañía pasa a denominarse NOVA GALEGA DE DANZA.

En abril de 2003 son seleccionados para o I Certame de Creación Coreográfica de Galicia acadando o 2º premio.

A flamante compañía está formada por tres bailaríns e tres bailarinas, e seis músicos en directo: acordeón, gaita e saxo, guitarra, violino, percusión e a imprescindible voz.

O seu primeiro espectáculo "Alento" estréase o 8 de maio de 2003 no mesmo teatro que os viu nacer, o Teatro de Madrid.

NOVA GALEGA DE DANZA - Engado


Pandeireta vs. batería


Nova Galega de Danza en el Son Galiza 1/2


Nova Galega de Danza en el Songaliza 2 / 2


Alento


No hay comentarios: