martes, 8 de abril de 2008
PUB DUBLÍN - Un duro castigo
O Dublín morreu de morte morrida definitivamente aló por novembro de 2002. Descanse en paz. Con seguridade non reabrirá xamáis.
Doce meses de Primavera.
Ao longo de dez anos, desde 1992, naquel tempo- como muitos ainda saben, mais era bo que todos soubesen- xá se deseñava en Vigo o movemento ascendente que levaria a unha transformación da nosa música popular.
Nace un espacio considerado de "cultura e arte" na que participan algunhas das maiores figuras das nosas músicas e letras, contemporáneas; obviamente, non se busca, nen se poderia buscar, o esgotar dun tema.
Tratase tan só de dar ó público algo da diversidade daquilo a que se pode chamar cultura; de expor alguns dos diferentes modos de falar dela.
E esta non é sequer toda a diversidade posível.
Lonxe diso, tratase apenas de unha mostra de unha diversidade que é muito maior.
Nace o Dublín, buscando os elementos de unión e unha actitude creativa e constructiva antes que pasiva e consumista. Abordase nesta plataforma outras áreas ademais das meramente lúdicas (música, concertos e festas) como o arte, a historia e mais a literatura.
O acercamento dos diversos grupos atopan o soporte, apoio e difusión para o seu desenrrolo; tamen sirve de faro para os músicos noveles que estreitan lazos cos mais experimentados,imposible en épocas pasadas; outras persoas tocadas pola misma inquedanza.
Todo comenzou en 1992 nunha taberna no centro do Vigo vello e marxinal, asumindo a divulgación das músicas do noso Pais e tamen dos paises da chamada cultura celtica; con as suas própias e naturais limitacións mais sempre firme no desexo e vontade en contribuir a un espacio cultural vivo e diferente.
Punto de encontro e de convivencia durante unha decada.
Insatisfeitos- crónica e irremediavelmente insatisfeitos- e sempre ansiosos por novos voos, avanzamos para a creación dun premio literario.
Ese espacio acolle a tradición que o torna parte integrante, xa hoxe, do noso patrimonio cultural común. Cando se asume unha tradición, ela própia é configurada polo modo como é asumida.
Por aí pasa a história.
Quen poderá imaxinar os novos horizontes de intervención deste voo iniciado na decada dos 80; nas páxinas de unha aventura sen fin? Parece ser inegável un interés crescente, diversificado e complexo, pola construción de unha identidade nacional, que muitas veces se acepta internamente diversa. É que , de feito, a cultura, apesar das aparencias, non é un suplemento vitamínico de "espiritualidades". Non é un pimenteiro intelectual da aridez tabeliónica das retóricas executivas, non é aforro contra a inflación, en tempos de incerteza na bolsa, nen un simple ramo industrial a "normalizar" segundo o modelo de fabricación de tornillos.
A cultura comenza por ser- na totalidade contraditória das suas manifestacións creativas individualizadas- expresión e consciencia do noso vivir colectivo.
A fidelidade á cultura é fundamentalmente unha fidelidade o vivir, á historia que escrevemos e transformamos.
Potencia seu atractivo que figuras de claro renombre a nivel nacional e internacional, participen deste marco en perfecta armonía coa nosa cultura.
Pouco a pouco van formando parte dese espiritu diferentes nomes..........
Boys of the Lough, Xosé Antonio Moreno ,Chieftains, X.Ramon Pena, Matto Congrio, Manuel Lourenzo, Carlos Núñez, Anxo Angueira, Berrogüetto, Ramon C. Ogando, Capercaille, Antón Ribeiro Coello, Ardentia, Xavier Queipo, Uxia, Cid Cabido, Budiño, Ne Ladeiras, Gonzalo Navaza, Gaiteiros de Lisboa, Carlos Casares, Fausto, F.Fernández del Riego, Patrick Street, X.Alonso Montero, Kepa Junkera, Xavier R. Baixeras, Rumbadeira, Xavier Alcala, Xerfa, Roman Raña, Estro Montaña, Damián Villalaín, M. Forcadela, Fran Alonso, Salvador Rodríguez, Carlos Oroza, X.M.Enríquez, Tapia eta Leturia, Ramón Nicolás, Fia na Roca, Dolores Vilavedra, Francisco Gil, Xosé Feixoo, Manuel Rosales, X. Maria Dobarro, Camiño Noia, Camilo Gonsar, D.X. Cabana, X.Manuel Martínez Oca,Ivan Drever & Duncan Chisholn, Gregorio López Soriano, Carlos Bernardez,Aly Bain, F. Martinez Bouzas, familia O´Keeffe, un longo etc.
A cultura non se fabrica, faise.
Por: Carlos Vila
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario